martes, 1 de noviembre de 2011

ANTONTE

Antonte  volvín  ser neno,
A carambola da vida
Levóume de novo preto
Dos meus primeiros bicos
Dos meus primeiros berros

No peito da miña nai
 Axeitaba a cabeza
 Durmía no seu regazo
Como os séculos na pedra

A faciana contra a lúa
Espello de caramelos
 Boca aberta de par en par
Botaba océanos no eido

Sempre  lonxe dos magostos
Peregrino doutras terras
Atopáronme  furtivos
Pasei a noite en vela

A carón do fuxitivo
Das máis terribles lendas
Silandeiros os meus ollos
Esgotaban as ofrendas

Xogando cos bicos, tolo
Polos beizos dunha nena
 Cheguei cedo a árbore
Máis grande da miña aldea



Onde clavamos os nosos
Nomes,  baixada xa a maréa
Enrrolamos os corazóns
E medramos nas silveiras

Así pasaron os anos
Pentando   tódalas fiestras
E tornei  a vella escola
Cemiterio das ideas

Xirando  como unha estrela
Achegueime  ata igrexa
Alí, sobre o altar do medo
Furei  miñas cadeas

A lingua longa e torda
Lamíu os pes da terra
Como una xunta de bois
Surcando  fugaz beleza

Toquei  fondo nas raíces
Macerei as miñas herbas
E agora sei que nunca
Tiven o que xa perdera

Antonte volvín  ser neno,
A carambola da vida
Levóume de novo preto
Dos meus primeiros pasos
Dos meus primeiros versos

1 comentario:

  1. Adicado o pobo de Arteixo onde pasei parte da miña infancia e os compañeiros poetas do Café de Fábula e Café Inglés.

    ResponderEliminar