Antonte volvín ser neno,
A carambola da vida
Levóume de novo preto
Dos meus primeiros bicos
Dos meus primeiros berros
No peito da miña nai
Axeitaba a cabeza
Durmía no seu regazo
Como os séculos na pedra
A faciana contra a lúa
Espello de caramelos
Boca aberta de par en par
Botaba océanos no eido
Sempre lonxe dos magostos
Peregrino doutras terras
Atopáronme furtivos
Pasei a noite en vela
A carón do fuxitivo
Das máis terribles lendas
Silandeiros os meus ollos
Esgotaban as ofrendas
Xogando cos bicos, tolo
Polos beizos dunha nena
Cheguei cedo a árbore
Máis grande da miña aldea
Onde clavamos os nosos
Nomes, baixada xa a maréa
Enrrolamos os corazóns
E medramos nas silveiras
Así pasaron os anos
Pentando tódalas fiestras
E tornei a vella escola
Cemiterio das ideas
Xirando como unha estrela
Achegueime ata igrexa
Alí, sobre o altar do medo
Furei miñas cadeas
A lingua longa e torda
Lamíu os pes da terra
Como una xunta de bois
Surcando fugaz beleza
Toquei fondo nas raíces
Macerei as miñas herbas
E agora sei que nunca
Tiven o que xa perdera
Antonte volvín ser neno,
A carambola da vida
Levóume de novo preto
Dos meus primeiros pasos
Dos meus primeiros versos
Adicado o pobo de Arteixo onde pasei parte da miña infancia e os compañeiros poetas do Café de Fábula e Café Inglés.
ResponderEliminar