Choro a
túa partida
Con bágoas
que anubran
O
esqueleto das palabras.
Baixan
mortas de sede
Ata o
precipicio dos soños
Onde
latexan as cicatrices
Á espera
dun milagre.
Irmá, teño
no peito gardadas
Unha
árbore de escuma,
Un querubín
feito cachizas
E un regato
malferido
Ateigado
de lembranzas.
Nos
farrapos da miña memoria
As
neuronas sen rumbo
Percorren
o universo
Só para
poder descifrar
a linguaxe
da túa alma.


