jueves, 24 de mayo de 2012

O ESPELLO DOS ANOS


Devanceiro calado no buraco dun sono,
Petando con forza no corpo recen parido.
Berrando no eido as mágoas  de outono
Bota hoxe no lixo o tempo esquecido.

Virá a nova folla a revestir a pola
Onde  está o sangue derramado polo vento.
Alí,  agochada na memoria prende a ola
unha leve marusía  no teu contento.

O espello dos anos é un lento deserto
Onde o lume debuxa  espectros de lingua xorda.
Caendo sempre nas pozas ceibes do incerto,
Os nenos choupan coa morte e soltan corda.