Devanceiro
calado no buraco dun sono,
Petando
con forza no corpo recen parido.
Berrando
no eido as mágoas de outono
Bota
hoxe no lixo o tempo esquecido.
Virá
a nova folla a revestir a pola
Onde está o sangue derramado polo vento.
Alí,
agochada na memoria prende a ola
unha
leve marusía no teu contento.
O
espello dos anos é un lento deserto
Onde
o lume debuxa espectros de lingua xorda.
Caendo sempre nas pozas ceibes do incerto,
Os
nenos choupan coa morte e soltan corda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario