domingo, 18 de diciembre de 2011

OS ESQUECIDOS


Cando o lume afoge as follas molladas
Dunha vida remota e calada,
Cando o destiño xoge as cartas…. E ás tres en raia
¡Cando a forza do vento peine  canas …!
Un  home e unha muller  rebotarán nas olladas
Que dende o alto botaranlle  persoas que o seu lado pasan.
Mentras chove nas rúas , chorrean as almas…

Nai, atópome só fronte á morte,
Ese paraíso incerto sen escalas nin norte.
Nesta estación estamos os esquecidos,
Estamos os mortos e tamén os vivos…
Se alguén nos vise lembrade
Que  tan só somos  mendigos…
 San Cristobaliño de forza minguada
Fai o que pode  nesta mudanza.
Ti que fuxiches do inferno coas  mans queimadas
Tira a primeira pedra ó mártir das palabras

Máis Non hai Deus que poida xuntar estrofas
Dunha vida sen rima, nunha noite  asasina…
¡Axiña, axiña, axiña xa chega a rapaciña.!
Vai de fóra a dentro,vai de dentro a fóra
 Vai lonxe de ser certo , vai onde as papoulas
Transcende  a dor do corpo achegándose ata o verso
E xira , e xira, e xira para escoitar o universo.

Nai ,teño a pel coas feridas abertas
Son  indixente e fai moita friaxe na eira
Xa vexo a Cristobalíño vello movendo a man
Hoxe non é a miña hora, mañá …Deus dirá.

2 comentarios: