Fai hoxe once anos e un día
Fermosa condena de amor
É agora a miña vida…
Muller que chegas de lonxe
Ata a beira do barbeito
Levas perfume de bico
Para xerminar silencios
A noite está pechada
E teño medo ó vento
Que muxe como unha gaita
Ancestral os meus latexos
Compañeira si unha bágoa
Limpara os tres pes do tempo
Racharían as ausencias,
Volverían do desterro.
A virxen de tódalas neves
Está no seu altar de escuma
Unha vella caracola
Faille coxegas coa lúa
Desperta sono ferido
A carón doutra terra
Unha vagalume de prata
Voa polas verdes vereas
Muller de longos cabelos
Puro metal de Andalucía
Corazón de fajalauza
E celme a manzanilla
Fai hoxe once anos e un día
Fermosa condena de amor
É agora a miña vida…
Maravilloso poema de amor. Enhoraboa e unha aperta.
ResponderEliminarMoitísimas grazas Calúa.
ResponderEliminar