viernes, 22 de diciembre de 2017

IRMÁ



Choro a túa partida
Con bágoas que anubran
O esqueleto das palabras.
Baixan mortas de sede
Ata o precipicio dos soños
Onde latexan as cicatrices
Á espera dun milagre.
Irmá, teño no peito gardadas
Unha árbore de escuma,
Un querubín feito cachizas
E un regato malferido
Ateigado de lembranzas.
Nos farrapos da miña memoria
As neuronas sen rumbo
Percorren o universo
Só para poder descifrar
a linguaxe da túa alma.

4 comentarios: